Quen Somos

Ouro Puro nace coa idea de facer unha aposta polo sector primario, o medio rural e unha economía sostible, apostando por poñer en valor os recursos que a natureza nos ofrece ó tempo que a coidamos, mentres aproveitamos e contribuímos de forma importante a conservación da biodiversidade do noso entorno e a xerar riqueza.
 

Mel e Derivados Outros Produtos Onde Estamos 
Las Colmenas Los Apiarios Servicios


Dedicámonos a apicultura, a comercializar todos os produtos que nos ofrecen as abellas, que van dende a produción de mel, cera, pole, xalea real e propóleos ata a cría e selección de raíñas, produción de núcleos, apitoxina, así como asesorar a outros apicultores ou persoas que desexen iniciarse na actividade apícola.

A principal actividade é a produción de mel de diferentes floracións.

Ofrecemos tamén servizos de polinización a todo aquel produtor agrícola que o demande para incrementar a produción das súas colleitas debido a importante función polinizadora das abellas.

As nosas colmeas atópanse situadas principalmente no entorno do Val do Ouro rodeado pola serra do Xistral.


As Colmeas

O tipo de colmea que se usará en maior medida é a tipo langstroth, colmea patentada en América en 1852, este tipo de colmea está composta polas seguintes partes:

  • Piso: O piso está cravado ou atornillado a primeira alza, e denomínase cámara de cría. O saínte do piso con respecto a cámara de cría denomínase táboa de voo. A abertura entre o piso e a alza, por entran e saen as abellas denominase piqueira.
  • Alzas: A cámara de cría é a primeira alza, normalmente estándar, nela están os cadros con panais de cría, co piso da colmea unida a mesma.
  • Alzas melarias, a continuación da cámara de cría colócanse as alzas melaria, onde se acumula a mel, podendo ser de tres tipos segundo a súa altura, a estándar, a tres cuartos e as medias alzas. Nas estándares acopianse 22-23 kg de mel, nas tres cuartos 15 kg e nas medias alzas 11 kg de promedio.
  • Teito, é a parte superior da colmea, existen basicamente dous tipos, o denominado teito europeo que é un recadro de madeira e como tapa cartón prensado recuberto de chapa zíncada. O americano que só ten un reborde de madeira nas puntas, confeccionado con táboas de madeira e podendo estar recuberto ou non por chapa.
  • Entretapa ou entreteito, nos teitos tipo europeo existe unha entretapa entre a última alza e o teito. A súa función é producir un mellor aislamento xerando unha cámara de aire, esta entretapa produce o espazo de abella necesario entre os cabezais dos marcos e a mesma entretapa. A entretapa non é precisa no teito tipo americano, debido a que é de madeira sólida, só se lle agrega un reborde de madeira para darlle espazo a abella.
  • Cadros móbiles, en cada alza hai 10 cadros, existen tres medida estándares que corresponden a cada medida de alza, alza estándar, tres cuartos e media alza. Os cadros móbiles son portadores de follas de cera estampada, que é unha folla de cera na cal se imprimen hexágonos para facilitar o traballo da abella. A cera estampada e fixada o cadro por fusión a arames lonxitudinais ou verticais dependendo do caso, por medio de calar producido mediante unha resistencia eléctrica sobres os arames.


Os Apiarios

Emprázanse en entornos o máis sans posible, lugares tranquilos e nos que abunde abundante flora melífera para que as abellas teñan abundantes recursos para a produción de mel. A cantidade de colmeas por apiario decídese en función do potencial melífero da zoa aínda que maioritariamente agrúpanse en torno a 50 colmeas por apiario.