Inicio

Ouro Puro nace coa idea de facer unha aposta polo sector primario, o medio rural e unha economía sostible, apostando por poñer en valor os recursos que a natureza nos ofrece ó tempo que a coidamos, mentres aproveitamos e contribuímos de forma importante a conservación da biodiversidade do noso entorno e a xerar riqueza.
 

 
                              Mellor mel de Galicia 2020 Apadriña unha Colmea


Dedicámonos a apicultura, a comercializar todos os produtos que nos ofrecen as abellas, que van dende a produción de mel, pole e propóleos ata a cría e selección de raíñas, produción de núcleos, apitoxina, así como asesorar a outros apicultores ou persoas que desexen iniciarse na actividade apícola.

A principal actividade é a produción de mel de diferentes floracións.

Ofrecemos tamén servizos de polinización a todo aquel produtor agrícola que o demande para incrementar a produción das súas colleitas debido a importante función polinizadora das abellas.

As nosas colmeas atópanse situadas principalmente no entorno do Val do Ouro rodeado pola serra do Xistral.